Que cousa é o SPIP?

Un sistema de publicación para Internet

SPIP, un sistema de publicación

SPIP é un sistema de publicación para Internet. Trátase dun conxunto de ficheiros, instalados sobre a seu espacio web, que permite beneficiarse dun certo número de automatismos: xestionar un web entre varias persoas, publicar os seus artigos sen ter que tocar HTML, modificar moi doadamente a estructura do seu web... Co mesmo programa que serve para visitar un web (Netscape, Microsoft Explorer, Mozilla, Opera...), SPIP permite construír e soster un web ao día, mercé a unha interface de uso moi simple.

Existen outros sistemas de publicación ; cada un presenta as súas especificidades. Un dos máis coñecidos actualmente é phpNuke ; que impón unha estructura demasiado ríxida para o web, baixo a forma de portal composto artigos curtos. SPIP é máis flexible, e vai orientado á creación dun web estructurado coma unha revista : é dicir con seccións, subseccións (e así por diante..), dentro das cales son inseridos os artigos e as breves que poden ser completadas con foros de discusión.

Porqué SPIP ?

SPIP é un programa libre distribuído baixo Licenza Pública Xeral GNU (GNU General Public License ou GPL).

Os requirimentos de software e materiais de SPIP son razoables e encóntranse instalados mesmo en certos aloxadores gratuítos (ver as Dúbidas máis frecuentes e o manual de instalación para detalles máis completos - ou, para un resumo esencial : PHP+MySQL).

SPIP é distribuído gratuitamente desde o web uZine.

O obxectivo de SPIP é o de...

-  xestionar un web de tipo revista, quer dicir, composto principalmente por artigos e breves inseridas dentro dunha estructura de seccións ou áreas arborescentes imbrincadas as unhas dentro das outras. Ver a lista completa de caracteristicas de SPIP para maior detalle.

-  separar totalmente, e distribuír entre diferentes persoas, tres tipos de tarefas : a composición gráfica, a contribución redactiva pola via da proposta de artigos e de breves, e a xestiónn editorial do web (tarefa que comprende a organización de temas ou áreas, a validación de artigos propostos,...).

-  dispensar o webmáster e a todos os participantes a cargo do web dun certo número de aspectos que fastían a publicación sobre a web, así como de coñecementos técnicos demasiado pesados de adquirir. A instalación de SPIP realízase por medio dunha interface simple e paso a paso, ao termo da cal pode comezar a crear temas e artigos.

SPIP ten ás seguintes características...

Para o(s) redactore(s) e administrador(es)

-  Unha interface web intuitiva fai extremadamente simple a proposición de artigos e breves do mesmo xeito que a xestión editorial se simplifica. Ademais, os recursos tipográficos permiten introducir en forma de texto sen termos que empregar a linguaxe HTML, polo que queda así a contribución redactiva accesible para todos, e tan simple coma a escritura dun correo.

Para o webmáster

-  O aspecto gráfico e a navegación son definidos mediante os esqueletos HTML (ou «páxinas tipo») que definen cadanseu «aspecto» ou «(tm)vista» (por exemplo : un ‘aspecto’ para a páxina de index, outro que mostre unha sección e un resumo do seu contido, un terceiro para o detalle dun artigo, un cuarto para o detalle dunha breve). A forma na que se insire o contido redactivo do web dentro destas páxinas tipo defínese por un certo número de pseudo-etiquetas HTML relativamente doadas de matrizar.

-  SPIP non restrinxe as posibilidades gráficas e navegables do web. Os esqueletos HTML son totalmente definidos polo webmáster do web, é posible xerar/xestionar certos elementos do web con SPIP e o resto pode facerse á man ou mesmo con outros sistemas de publicación (coa condición de que estes últimos sexan tan tolerantes coma SPIP, ben se comprende).

Para os visitantes

-  Un sistema de precarga (caché) sobre a parte pública do web acelera o acceso evitando un gran número de peticións á base de datos, e xoga noutro sentido un rol de barreira contra as caídas da dita base (frecuentes en servidores «cargados») : neste caso o web, permanece dispoñible de forma transparente, aínda que calquera modificación dos contidos resultará imposible (e tamén calquera contribución aos foros).

-  Un motor de procura e indexación integrado en SPIP, se foi activado polo webmáster permite efectuar buscas sobre o conxunto público do web.

Os inconvenientes

Por agora, a flexibilidade de SPIP implica un certo grao de esforzo de aprendizaxe para o webmáster para modificar a presentación por defecto.

Contrariamente aos sistemas máis restrictivos como phpNuke onde se pode cambiar os colores e o logo premendo simplemente un botón (mais iso é o único que se permite facer), o webmáster con SPIP debe aprender algúns rudimentos dun pseudo-HTML que lle permite logo facer literalmente o que quere.

SPIP dispón dun formato de interface de navegación completo; desque vostede comece a crear o contido do seu web, poderá ser inmediatamente visitado, e adoptará a interface gráfica fornecida por defecto.O webmáster do web pode obviamente construír o seu propio interface gráfico se o desexa.

No futuro, está previsto que se fornezan varias presentacións con SPIP, que permitirán á maioría dos webmásters escoller aquela que lles conveña para minimizar o esforzo de personalización.

Exemplos

O exemplo histórico de utilización do SPIP é o webzine uZine2 (que contén o código, inicialmente específico, deste web, que foi recuperado para realizar o SPIP xenérico). De entre outros web que funcionan con SPIP, citamos Le Monde diplomatique e Vacarme.

Para seguir...

Para ir alén, e comezar con SPIP, convén ler a documentación, os exemplos e os «primeiros pasos» propostos nesta sección. As listas de discusión están igualmente á súa disposición para intercambiar preguntas, trucos e atallos. Deica logo !

Autor Anton Publié le : Mis à jour : 22/08/23

Traductions : عربي, asturianu, български, brezhoneg, català, corsu, Kréol réyoné, Deutsch, English, Esperanto, Español, فارسى, français, galego, italiano, 日本語, Lëtzebuergesch, Nederlands, òc lengadocian, polski, Português, română, русский, slovenčina, Türkçe, українська