On acheter priligy france peut me mettre dans n importe quelle circonstance... C vente kamagra france est un vaste océan. D ou acheter du vrai kamagra où le déclin des colonies. Nous manquons achat viagra générique de lits de médecine polyvalente. La générique priligy dépénalisation est ambivalente. Vivre priligy pas cher en bougeant plus Ed. Il ordonnance viagra y a le dossier médical. La salle atarax vente en ligne devrait ouvrir à l automne. « La propecia en ligne moins cher plupart des études vont dans ce sens. Cela générique kamagra ne vient pas du jour au lendemain. Difficile de www.roaccutane savoir s ils suivront en nombre. Notamment sur acheter cialis france les dépassements d honoraires. Les synthroid animaux sont appareillés. Des viagra en ligne livraison rapide défis restent à relever. Pas pilule xenical prix pour les addictions. En accutane en ligne d autre terme, il n y a pas de vapotage passif. L accutane émotion me laisse sans voix. Instalar SPIP - SPIP
SPIP

[ar] [ast] [bg] [br] [ca] [co] [cpf] [cs] [da] [de] [en] [eo] [es] [eu] [fa] [fon] [fr] [gl] [id] [it] [ja] [lb] [nl] [oc] [pl] [pt] [ro] [ru] [sk] [sv] [tr] [vi] [zh] Espace de traduction

Descargar

Instalar SPIP

Xaneiro do 2004 — mis à jour le : Xaneiro do 2007

Todas as versións deste artigo :


A instalación de SPIP é moi simple: non hai, en particular, ficheiros que modificar «á man» con variables esotéricas. O procedemento é moi simple (tal como se detalla a seguir):
-  1. Descargar o ficheiro de SPIP do noso servidor, e descomprimilo no seu ordenador persoal. Obterá un directorio «SPIP...» que contén o conxunto dos ficheiros do sistema.
-  2. Instalar o contido dese directorio no seu sitio (por FTP, como fai habitualmente para subir as páxinas no seu sitio web).
-  3. Conectarse con navegador ao seu sitio, e dirixirse a un directorio denominado «ecrire», onde SPIP lle propoñerá unha interface gráfica que permite configurar o sistema. Unha vez que os datos de configuración sexan cubertos, SPIP estará totalmente instalado e poderá comezar a traballar sobre o seu sitio web.

image 400 x 400

Configuración necesaria

Debe dispoñer dunha hospedaxe web con:

-  acceso FTP para a instalación dos ficheiros;
-  soporte de PHP3;
-  acceso a unha base de datos MySQL.

Antes da instalación, debe ter unha base mySQL dispoñible. Resulta moi frecuente entre os aloxadores que solicitar a activación dunha base de datos mySQL ao administrador, consista en seguir un proceso automático en liña (en calquera caso, a activación da base mySQL non ten nada que ver con SPIP; se ten dificultades, só o seu aloxador lle pode fornecer as chaves necesarias e explicarlle como activar a súa conta mySQL).

Debe coñecer os datos da súa conexión MySQL (fornecidos polo aloxador):

-  o enderezo da base MySQL: por exemplo sql.free.fr, ou localhost, ou vexa;
-  o seu login MySQL: adoita ser o mesmo login ca o da súa conta Web;
-  a súa chave MySQL: adoita ser a mesma ca a da conta Web;

Logo da instalación, unha vez que se deron os datos indicados, cumprirá precisar :
-  o nome da base de datos: adoita ser o mesmo login da súa conta web - é posible que o servidor lle ofreza a posibilidade de crear vostede mesmo esa base.

Exemplo: se dispón dunha conta chamada «monsite» no provedor Free (enderezo http://monsite.free.fr), o enderezo da base mySQL é «sql.free.fr», o nome da base de datos é «monsite», o seu login é «monsite» e a chave é aquela da súa conta. E xa abonda para activar a súa base de datos para php

Estes elementos son indispensables: se non os coñece, contacte co seu aloxador e solicite que llos recorde.

Non é precisa ningunha configuración especial no seu ordenador persoal, SPIP xestiónase enteiramente en web. Todo o que precisa é dun navegador web(non importa cal), e dun programa de transferencia FTP para instalar os ficheiros a través da súa conta.

Instalación automática («spip_loader»)

Dispoñemos para SPIP dun procedemento de instalación ultra-simplificado: un ficheiro para descarga directa sobre o seu servidor no que xa se instala. Atención: este procedemento non funciona sobre todos os servidores.. Se non funciona (darase conta inmediatamente), pase á etapa 1 que se mostra máis abaixo.

Descarge o ficheiro spip_loader.php3 no enderezo seguinte (se o ficheiro se ‘engancha’ no seu navegador, seleccione « Gardar como... ») :
-  http://rezo.net/spip-dev/INSTALL

e descárgueo tal cal sobe o seu servidor (o do seu provedor) por FTP. «Visite» esta páxina co seu navegador habitual (nun enderezo do tipo: http://www.moncompte.com/spip_loader.php3) e siga o procedemento indicado.

Se o procedemento funciona, este pequeno ficheiro vai descargar SPIP directamente no servidor e instalarse no noso provedor. De seguido, o procedemento de configuración arranca automaticamente (etapa 3 das que se indican a seguir).

1. Descargar SPIP

SPIP está dispoñible para descarga da web no enderezo:
-  http://www.spip.net/spip-dev/DISTRIB

Nese directorio encontará :
-  un ficheiro spip.zip : trátase da versión completa de SPIP, que comprende todos as traducións existentes;
-  un subdirectorio no que se depositan as versións monolingües de SPIP (identificadas polo código da lingua en dúas ou tres letras); escolla aqueles que lle poidan ser útiles para minimizar o espacio de aloxamento ocupado e o tempo de descarga.

Escolla a versión que lle interesa, descomprima o arquivo no seu ordenador nunha localización da súa elección, despois transfira o contido dese directorio ao seu aloxador vía FTP.

2. Instalar os ficheiros

Instale o conxunto dos ficheiros de SPIP no seu sitio, no enderezo onde queira que o web xerado polo sistema sexa accesible ao público: o máis frecuente é na raíz do seu sitio, pero non é obrigatorio.

A título informativo, a estructura é a seguinte:

  • directorio raíz
    • esqueletos .html
    • numerosos ficheiros .php3
    • directorio /CACHE (vide)
    • directorio /IMG
    • directorio /NAVPICS
    • directorio /ecrire (o máis importante)
      • numerosos ficheiros .php3
      • directorio /AIDE
      • directorio /IMG2
      • directorio /data (vide)
      • directorio /lang
      • directorio /upload (vide)

3. Procedemento de configuración

A partir de aquí todo se desenvolve en liña. Abonda con ir «visitar» o seu directorio «/ecrire» do seu web.

Exemplo: segundo o noso exemplo precedente, trataríase do enderezo http://monsite.free.fr/ecrire.

Logo da primeira conexión a este enderezo, un proceso de instalación paso-a-paso arranca. A interface é moi simple, abonda con introducir os datos solicitados (esencialmente os que se refiren á base de datos mySQL indicados ao principio). Unha vez que termine, o sistema pediralle a identificación que vostede lle teña indicado e poderá comezar a xerar o seu web. Doravante, será sempre no directorio «/ecrire» onde deberá traballar, provisto dos seus códigos de identificación.

Para cada etapa do proceso de instalación, encontrará unha referencia correspondente na axuda (coma aquí: ), que provoca a saída dunha axuda en liña que explica cada detalle da utilización de SPIP. (A única operación un pouco complexa aparece en certos servidores: podería ser necesario modificar os «dereitos de acceso» a certos directorios; a operación non é excesivamente problemática, e a axuda en liña proporciona todos os detalles precisos.)

Se todo discorreu ben ata aquí, o procedemento de instalación xa rematou, e pode crear e xestionar o seu web sen ningunha outra manipulación esotérica...

Para o caso de erro grave (do tipo: vostede esqueceu o seu propio acceso ao web - frecuente ao principio...), para «relanzar» este procedemento de instalación cómpre utilizar o seu programa de FTP e sobrescribir os ficheiros seguintes:

-  /ecrire/inc-connect.php3
-  /ecrire/.htaccess (se existe)

A conexión seguinte dentro do directorio «ecrire» relanzará entón o procedemento de configuración (en realidade, é a ausencia de ficheiros «inc-connect.php3» o que provoca o lanzamento deste proceso).

O seu testemuño

Co fin de nos axudar a mellorar este proceso de instalación, agradeceriamos que nos faga saber a súa experiencia a través do foro «instalación» neste mesmo web, ou escribindo a spip@rezo.net (atención: en ambos os dous casos as respostas serán publicadas no noso web, xa no foro, xa nos arquivos da nosa lista de discusión). Se vostede efectúa a instalación por si mesmo poderíanos indicar:

-  o nome do seu aloxador (importante, por iso, que teñamos unha idea dos diferentes aloxadores compatibles, nomeadamente os gratuítos);

-  as eventuais dificultades encontradas (incluídas as dificultades de interface e de comprensión do proceso de instalación, co gallo dque se poida mellorar a interface ou a documentación;

-  mesmo se a súa instalación se desenvolve sen ningunha dificultade, agradeceriamos que o indique (é unha info interesante).


Ver o esqueleto desta páxina Web realizado con SPIP | Espace de traduction | Espazo privado